Botas mosqueteiras para este outono inverno en Moksín

Hoxe en Moksín decidimos falarvos dunha das tendencias en calzado para a tempada outono inverno 2021 2022: as botas altas, botas mosqueteiras, botas XXL… como máis vos guste chamalas! En definitiva falamos de botas coa cana que chega ata o xeonllo ou mesmo máis arriba. Un modelo imprescindible en calquera armario de inverno xa que protexen as pernas das baixas temperaturas sen perder estilo.

Basta cun pequeno paseo por Instagram para ver que os referentes de moda nesta rede xa teñen o seu par de botas altas. Nesta pasada fashion week as rúas das principais capitais de moda enchéronse de fashionistas e puidemos ver unha ampla variedade de botas mosqueteiras nas súas pernas.

Queremos empezar con estas favorecedoras botas mosqueteiras de Seiale. Realizadas en pel negra con cana por encima do xeonllo creando un efecto segunda pel. Perfectas para lucir con vestidos curtos ou con medias de cores.

Fíxate nestas botas altas con plataforma. Outra das tendencias desta tempada. As plataformas quedan en substitución dos tacóns finos engadindo centímetros e sobre todo comodidade. Esta bota mosqueteira negra con plataforma branca de Seiale que te conquistará.

Esta marabillosa bota mosqueteira de charol negro de Seiale encántanos. É un material moi vistoso e ademais moi brando. O charol chega para quedar. Imprescindible para as máis atrevidas.

Unha bota de cana alta con plataforma que nos parece moi cómoda é esta bota negra de pel de Seiale. A plataforma engade centímetros e comodidade. Destacamos os longos elásticos laterais que se axustan á perna á perfección. Lévaas con vestidos midi que cubran o principio da bota. Top!

As botas de Kennel& Schmenger son unhas das vosas favoritas (e tamén das nosas) A marca alemá achéganos un ano máis botas de pel negras para inverno moi cómodas e á moda. Estas botas militares con sola track de Kennel encántannos.

Moitas xa coñeceredes as botas altas de Elena Iachi xa que o ano pasado foron un éxito na nosa tenda. Esta marabilla de bota de cana alta realizada en pel negra destaca grazas á impresionante cadea dourada (ollo! Non pesa) que leva ao nocello. Unha bota para inverno realizada en pel por fóra e por dentro cunha boa sola. A cadea é extraíble deixándonos unha bota de pel básica que nos durará moitas tempadas.

Que nos dicides desta impresionante bota alta camel de pel de Elena Iachi? fíxache na punta con forma de cubo e no seu tacón cadrado e ancho. Unha estética setenteira para unha bota de pel de boa calidade que quedará no teu armario durante varias tempadas. Canto máis as uses máis che gustarán.

As botas negras con elásticos laterais seguen pisando forte. Esta bota alta de pel negra con sola track de Seiale é moi cómoda. Ideal para as temperaturas máis frías deste inverno. As solas track son tendencia un ano máis. Gústannos con pichi de pana e abrigo XXL.

En cor marrón con sola track temos esta bota alta de Nemonic 2229. Realizada en serraje e cun bonito estribo extraíble en serpe metalizada. Estas botas de Nemonic quedarán xenial con vestidos estampados e abrigos acolchados.

Se buscas un modelo con sola fina esta preciosa bota mosqueteira beis de Bryan 4905 é para ti. Un modelo que levamos vendo desde fai moitos invernos nos nosos andeis. Tamén dispoñible en cor negra.

Non podemos deixar atrás a clásica bota mosqueteira negra de pel. Un modelo atemporal con corte no xeonllo e coa parte traseira elástica que se adapta a todas as pernas. Non a perdas.

Tamén podes comprar as botas de pel clásicas de cana alta con tacón baixo en cor negra ou marrón. Cunha elegante hebilla lateral este versátil modelo queda ben con vaqueiro ou saia.

Aquí ensinámosvos unha selección de nosas botas mosqueteiras e botas altas favoritas pero lembra que podes ver máis na nosa web se picas aquí.

Esta tempada outono inverno 2021 2022 podedes comprar botas altas ou botas mosqueteiras en liña na nosa tenda de maneira segura e cómoda. Na nosa zapatería en Santiago de Compostela podes atopar todas as botas altas que che ensinamos.

As botas altas son o calzado de inverno por excelencia. Este ano poderás elixir modelos de botas moi diferentes e atopar o que máis se adapte ao teu estilo.