AS BOTAS DR MARTENS EN MOKSÍN

Neste post imos falar das botas Dr. Martens, que un ano máis como non podía ser doutra maneira forman parte da nosa colección para esta tempada de outono inverno.

As botas Dr. Martens levan nas nosas vidas como un básico indispensable dende hai varios anos, pero nos seus inicios Dr. Martens foi orixinalmente unha modesta bota de traballo, que mesmo se vendeu como zapato de xardinería nunha etapa. Seis décadas despois do primeiro modelo orixinal de Dr. Martens, as súas botas convertéronse nun imprescindible que cada ano seguen sendo unhas das máis solicitadas por v@s.

Dende Moksin queremos mostrarvos os modelos cos que contamos na nosa colección para esta tempada:

O modelo Dr. Martens 1460 son as botas de sempre con ese aire vintage, xa que realmente é o modelo orixinal. Presenta un deseño inconfundible cos seus oito ojales, a súa pel suave con acabado mate e a súa característica sola de cámara de aire co seu pespunte amarelo. Son resistentes e duradeiras, polo que non terás de que preocuparte. Sempre son un acerto para calquera ocasión e para completar calquera dos teus looks.  
 

O modelo Dr. Martens 1460 Pascal mantén todo o bo da bota orixinal como o seu carácter e estética, pero conta con algúns cambios tales como un acabado en pel branda e flexible, que mellora o modelo orixinal en canto a comodidade sen perder nadiña de nada da esencia da marca.

 

O modelo Dr. Martens Jadon é un dos máis solicitados todas as tempadas, debido a que mantén os detalles orixinais das botas Dr. Martens pero cunha plataforma extra grosa, ademais dun acabado en brillo a diferenza do modelo clásico que lle achega esa presenza que marca a diferenza. Ademais disto, conta tamén cunha cremalleira no lateral para maior facilidade á hora de calzar que completa esta bota tan versátil.

 O modelo Dr. Martens Jadon tamén conta coa súa versión vegana nun modelo monocromo en cor negra.

Contamos tamén co modelo Dr. Martens Jadon en cor branca. Cunha cor diferente, pero con todas as características que distinguen á marca para as mozas que busquen unha bota diferente pero igual de versátil e duradeira.

 O modelo Dr. Martens Sinclair é un pouco diferente aos anteriores cun acabado en pel texturizada e a súa cremalleira facilmente substituíble na parte central da bota que lle achega ese carácter inconfundible.

 Por último, imos falar do modelo Dr. Martens Virginia con cana alta. Unha bota de 14 ojales realizada en pel branda con todos os detalles que caracterizan a Dr. Martens, pero que ademais conta cunha cremalleira interior para sexa moito máis fácil de calzar. Con este deseño rompedor asegurámosche que non che arrepentirás de engadila á túa colección.

 

Entra na nosa tenda en liña e non deixedes pasar a oportunidade de gozar da colección de Dr. Martens.