CONVERSE CHIARA FERRAGNI
Esta é a primeira vez que vos falamos desde Moksín sobre Chiara Ferragni. Isto é debido a que para a próxima primavera verán 2019 teremos o pracer de presentarvos en tenda a nova colección de zapatos e deportivos que Chiara Ferragni presenta para a tempada 2019. Temos que confesarvos que, do mesmo xeito que pasas ás veces nas tendas, para nós esta tamén foi unha compra compulsiva. Facía xa un tempo que seguiamos a evolución da marca que Chiara Ferragni creara e esta última colección que vimos provocou en nós o impulso suficiente como para introducila na colección de Moksín e presentárvola en tenda. Cremos que chegou á súa madurez en canto a calidades e aos seus acenos de identidade como marca, tanto en materiais como en deseños. Agora teremos que ver canto pode evolucionar sobre estas bases, iso diránolo o tempo e nós irémolo contando.
Como aperitivo da colección primavera verán 2019 de Chiara Ferragni a continuación ensinámosvos os últimos modelos de Converse por Chiara Ferragni.
Nas coleccións de zapatos e deportivos de Chiara Ferragni predomina por norma xeral o glitter e os materiais con brillos. Este tipo de materiais e o forro interior azul ceo son algunhas dos acenos de identidade da marca.
Como non podía ser doutra forma as Converse Chiara Ferragni tamén utilizan glitter e o seu característico logo co ollo e a pálpebra. Nesta ocasión na zapatilla Chuck Taylor de Converse utiliza unha sola tipo creeper con acabado superior en glitter prata plasmando o ollo nun dos laterais. Con estas zapatillas Converse Chiara Ferragni seredes as raíñas da festa.
Na segunda opción desta colaboración de Chiara Ferragni e Converse, en lugar de glitter prata utilizan glitter negro sobre unha zapatilla Converse baixa e piso tipo creeper do mesmo xeito que na anterior versión. Aquí o ollo como podedes ver plásmao na parte posterior do talón.
Como vos diciamos ao principio, isto non deixa de ser un aperitivo antes de que vos ensinemos a nova colección primavera verán 2019 de Chiara Ferragni. Manterémosvos informadas como sempre para que non vos perdades o inicio desta colaboración con Chiara Ferragni.