UN PREMIO NACIONAL DE FOTOGRAFA EN MOKSN

Leopoldo compra a súa primeira cámara de fotos cando ten 15 anos e aprende fotografía de forma autodidacta. Todo o que vén despois é historia visual do noso país.

Ademais da fotografía, Pomés é moi coñecido  dentro do mundo da  publicidade. É cofundador da axencia de publicidade Tiempo en Barcelona. Un dos referentes nacionais da súa época que máis tarde pasaría a formar parte da multinacional  BBDO e responsable de anuncios tan  icónicos como as  burbullas de Freixenet.

Leopoldo Pomés está considerado como un dos profesionais da imaxe máis importantes do último medio século en España e temos a honra de exhibir dúas fotos da súa obra en Moksín. Non deixes de pasar a velas!    

Se queres saber máis sobre estas fotos ou do traballo de Leopoldo podes poñerte en contacto con Galería Trinta á que desde aquí agradecemos a cesión destas fotos e a súa colaboración co proxecto Pasearte.

Pasearte está comisionado por Javier Branco e promovido por Santiago Centro. 

Bo nadal e feliz Pasearte!

Podes ver o resto de establecementos que forman parte desta inciativa  aquí.