DA DAS LETRAS GALEGAS

“Zapatos e outras historias” foi un dos proxecto máis grandes e complexos dos que ata agora fixemos en Moksín. E non sería posible sen toda a xente que participou e sen esa nosa lingua que ten infinitas posibilidades e cuxa única limitación é a creatividade dos seus falantes ou da xente que se atreve con ela.

 

Moksín non se entende sen a cultura galega, sen o seu entorno e, por suposto, sen a súa lingua. Como proxecto, a pesar de que moita xente non relaciona o mundo da moda co galego, nunca tivemos debate sobre o uso da lingua. Para nós é algo normal e natural, a nosa lingua en ningún momento é unha barreira para o noso proxecto, máis ben todo o contrario, engade valor e xera unha relación máis próxima e natural coa xente.

Gracias ao apoio institucional do Concello de Santiago e ao seu Premio de Publicidade Comercial en Galego puidemos deseñar un escaparate interactivo no que durante máis de tres meses a xente achegou verbas e tres artistas fixeron unha improvisación sobre elas na nosa tenda. Xeramos así unha peza cultural na que todo o mundo foi parte e a nosa lingua protagonista.

Esperamos que vos guste e que non só hoxe, senón cada día, celebredes o Día das Nosas Letras falando galego, pois non hai mellor homenaxe para unha lingua que facer uso dela cada día.

Moitas gracias a Mónica de Nut, Cinta Adhesiva, Bátega, Simbolóxico, ao Concello de Santiago e a todos vós por ser parte deste proxecto tan especial.

Non vos esquezades de sacar a nosa lingua á rúa e presumir dela ;)