PARQUES DE COMPOSTELA PARA PASAR AS TARDES DE VERN

Unha das mellores cousas que ten a chegada do bo tempo é que comeza a tempada de terrazas e parques. Un xa non ten que quedar na casa esperando a que deixe de chover e xa non ten que ir dun lado a outro a paso apurado, ben postas as botas de auga, para non se mollar. Cando chega a tempada primavera verán un pode simplemente pasear, sentar ao sol, ler un libro tirado na herba ou facer pícnic.

Santiago é unha das cidades mellor preparadas para poder cumprir con todos eses plans. A cidade é unha das que ten máis zonas verdes de Galicia e unha das que conta xa dende hai anos cunha mellor política en España na materia, segundo os expertos na cuestión. A os que visitan a cidade o dato de que supera os  24 metros cadrados de zona verde por habitante non lle din moito: o que máis lles interesa é desfrutar esas zonas verdes. Para iso, un só ten que calzar os zapatos favoritos ou os máis adecuados ao parque en cuestión e camiñar cara o seu destino.

Parque da Alameda

Santiago ten bastantes parques e resulta difícil escoller un para pasar a tarde. A Alameda ten a súa presenza case asegurada en todas as listas de parques composteláns, porque é un clásico. Todos os santiagueses foron de pequenos xogar nos columbios ou darlle de comer aos patos. Agora, na idade adulta, un pode combinar a visita ao parque cuns zapatos acordes á súa estética. A Alameda é un parque vintage, por forma e por fondo. É o máis antigo da cidade e é onde os santiagueses do pasado ían pasear. Un deportivo de aires retro ou un zapato Camper elegante e deportivo á vez poden ser a selección perfecta. Agora un pode ademais pasear por onde ben lle apeteza no parque e non como nos tempos dos tataravós, cando cada zona estaba reservada a cada clase social.

Belvís

O parque de Belvís ten un labirinto, o que lle dá un toque romántico, e ocupa unha zona de antigas hortas da cidade. Belvís é tamén un dos sitios aos que todo aquel que quere ser cool ten que ir, porque o parque é un dos favoritos dos modernos. Razóns teñen para o amar: é un espazo no que se organizan festivais e ata mercados de comercio xusto. Un ten que sacar por tanto do armario un calzado acorde. Unhas coloristas zapatillas deportivas de Diadora ou un deportivo de Paul Smith poden dar o toque moderno perfecto para Belvís.

Bonaval

Non é preciso sacar os zapatos modernos para ir a Bonaval, xa que tamén combinarán moi ben co que é posiblemente o parque favorito dos turistas que veñen a Santiago. O que ata non hai tanto era o cemiterio da cidade é agora un parque de deseño moderno (calquera santiagués lembra o debate sobre as papeleiras inexistentes da súa inauguración) no que Erasmus, hipsters ou familias con nenos conviven alegremente. Bonaval é, ademais, o parque máis perfecto para facer un pícnic. Un pode calzar uns elegantes deportivos bicolor ou unhas zapatillas Kennel&Schmenger cun sorprendente borde bronce e relaxarse primeiro no parque e rematar logo o día co toque cultureta visitando a última exposición no CGAC.

Monte Pedroso

O Pedroso xa non é só o monte no que está a antena da televisión, agora é un dos parques da cidade, posiblemente o máis grande. É perfecto para un día de relax e para lanzarse a camiñar e camiñar. O mellor é levar nos pés algo ben cómodo como este deportivo de Paul Smith ou estas zapatillas Munich.