DR. MARTENS 1460 VERSUS DR. MARTENS PASCAL

Imos a explicarvos as maiores diferenzas entre as botas Dr.  Martens 1460 e as botas Dr.  Martens Pascal.

As Dr. Martens 1460 son as botas básicas de sempre, perfectas para os e as máis puristas. Con esta imaxe de bota conseguiredes unha estética moito máis  vintagedebido a que é realmente o modelo orixinal.

As Dr. Martens Pascal realmente son unha evolución en canto a acabados das botas 1460. As maiores diferenzas están na comodidade que se sente no pé xa desde un inicio. As botas Dr.  Martens 1460 son moi cómodas ao longo de certo uso pero non ao principio xa que hai que facelas ao pé. Co modelo de botas Dr. Martens  Pascal evítase esta espera ata a comodidade debido a que están realizadas cunha pel moito máis branda con acabado mate e tamén levan a planta do pé acolchada. Non teñades dúbida de que unha vez postas notaredes enseguida a diferenza. O prezo para pagar é estética por comodidade. Aínda así non hai unha diferenza enorme entre os dous modelos unha vez que os vedes usados ao longo do tempo.

Neste post só vos falamos destes dous modelos de botas Dr. Martens en cor negra pero como vos diciamos ao principio dentro da colección que escollemos para  Moksín tedes moitos máis modelos para elixir tanto en versións para mozo como para moza.

Aquí deixámosvos unha ligazón para que poidades velos todos.