NEMONIC, BOTNS E BOTAS PARA ESTA TEMPADA.
A primeira delas é unha forma campera pero con acabado en punta. Unha estética máis cowboy e texana con tacóns medios moi cómodos. Nesta forma de botíns Nemonic presentamos dous modelos. O primeiro máis básico tipo chelsea con elásticos laterais en pel curtida tabaco e pel lisa negra. O segundo sería a mesma base de botín pero en pel curtida gris con acabado en tachas laterais e outra combinación en pel lisa negra. Este último modelo tamén leva o corte superior do botín en formato tipo V o que provoca un efecto moi bonito con vestidos e pantalóns pitillo, ademais de facer a imaxe da perna máis longa.
A outra forma de botíns Nemonic e botas Nemonic que vos presentamos está realizada cunha cuña exterior pegada a un piso recto con volume. O botín leva unha cordonera facendo referencia a unha das tendencias máis grandes esta tempada que serán as botas de cordón tipo militar ou moteiras. O botín Nemonic utiliza pel curtida taupe combinado cos cordóns e as pezas de pel en ton marrón facendo contraste. Sen dúbida pecharedes un look en gamas marrón á perfección con estes botíns. Doutra banda a bota Nemonic que vedes a continuación utiliza a mesma base de cuña pero realizada en pel curtida tabaco e con estética mosqueteira. Tamén leva uns flocos laterais como adorno lembrando ás botas de flocos Nemonic tan vendidas fai unhas campañas. Outro aspecto que nos esquecemos de comentar sobre estas cuñas é que a pesar de ser altas son moi cómodas xa que levan a planta do pé acolchada.
Pois deixámolo aquí por hoxe, esperamos que vos gusten estes novos modelos de botíns Nemonic e botas Nemonic. Se non é así e sodes das máis fieis ás botas básicas de Nemonic aquí deixámosvos un link con toda a colección: http://bit.ly/Nemonic18