Chega a Moksín Naguisa, as sandalias do verán
Esta semana en Moksín queremos falarvos de Naguisa, unha marca española que vos presentamos como novidade nas nosas estanterías esta primavera – verán. Fundada no ano 2012 por Claudia e Pablo na beira do Mar Mediterráneo. A parella quería crear un zapato cómodo, bonito e funcional usando o yute como elemento principal. A súa aposta tivo unha aceptación brutal e chegou á nosa tenda baixo unha premisa de calzado cómodo, elaborado de maneira artesanal e cun deseño moi mediterráneo, moi de sol e bo tempo. Moi de bo rollo. Quédate a descubrilo.
Empezamos co modelo Cima de Naguisa. Realizada en pel de cor natural con cordóns estilo montaña nun bonito laranxa que contrasta. O piso está trenzado en yute e sobe lixeiramente na parte traseira para maior comodidade. A nós encántanos!
Unha sandalia con sola de yute que nos gusta moito é o modelo Rudita de Naguisa. Realizada en nobuck dunha bonita cor azul. Esta sandalia ten talonera e cruza na parte dianteira. Un deseño atemporal moi fácil de combinar. Ideal con vaqueiros e unha sinxela blusa branca.
Tamén con sola de esparto temos o modelo Toba de Naguisa. Realizado en pel cor verde kaki e cun orixinal acabado xa que ten as costuras vistas na pala e está cortada ao canto na pulseira que ata ao nocello, todo un acerto! A sola elévase nunha minicuña na parte traseira. Moi cómoda.
A sandalia Naguisa modelo Thalis tennos namorados. De estilo cangrexeiro axústase ao empeine mediante unha fibela. Está realizada en pel camel coa sola en yute. Esta cangrexeira quedarache xenial cos teus vestidos máis frescos.
Como novidade esta colección Naguisa deseñou sandalias planas como o modelo Ria. Realizado en pel vacuna nunha preciosa cor amarela mostaza. A plantilla é de pel e está acolchada polo que é unha sandalia moi cómoda e resistente. Encántanos con vaqueiros brancos.
Podes mercar sandalias Naguisa online na nosa páxina web www.moksin.com e podes mercar sandalias Naguisa en Santiago de Compostela na nosa tenda de Montero Ríos.
Naguisa significa en xaponés: trazo que debuxa a escuma do mar na beira. E así son os seus zapatos, mesturando tradición e modernidade, seguindo o ritmo da vida.