Recén chegadas dende Los Ángeles: as zapatillas Brandblack

Hoxe dende Moksín queremos presentarvos a última incorporación as nosas estanterías: a marca estadounidense Brandblack. Establecida dende o ano 2012 na cidade de Los Ángeles de mans dos seus dous creadores, expertos deseñadores apaixonados do deseño e do baloncesto que buscaban encher un oco no mercado copado polas grandes marcas. A parella prioriza funcionalidade e moda. O enfoque principal de Brandblack é ofrecer calzado cun rendemento práctico e a innovación e a tecnoloxía son intrínsecas a isto. Desta maneira atoparemos materiais avanzados e deseños punteiros.

En Moksín sempre buscamos darlle visibilidade ás marcas máis punteiras que apostan pola atención ao detalle, primando calidade e deseño así que cremos que Blackbrand axústase aos nosos requisitos.

A continuación falarémosche dos modelos que escollemos para esta primeira toma de contacto. Segue lendo!

O modelo Kite Racer 2.0 é un dos máis solicitados da marca. Presta atención ao acabado da zapatilla nun material ultralixeiro e ultrarresistente chamado ripstop, feito de monofilamentos. O logo está impreso mediante unha impresora 3D. A lengüeta é de suave micro fibra. Destacamos as solas Vibram, sinónimos de calidade e resistencia. É un deseño exclusivo de Brandblack para a marca. As medias solas Vibram son moi lixeiras e cunha alta amortiguación, perfectas para as túas longas xornadas. As solas son de alta tracción e dan un mellor soporte na parte media do pé.

En Moksín podes atopar as túas zapatillas Brandblack en tres combinacións diferentes. Fíxache nos acabados irisados dos paneis laterais, a mestura de materiais e as solas con volume, seguindo as tendencias actuais pero adaptadas á comodidade que é imprescindible nunha zapatilla.

Do modelo Rare Metal destacamos a súa sola con tecnoloxía Wraptech, un paso máis aló das solas vulcanizadas. Engadindo unha capa extra de tea e facendo unha goma máis delgada que se coloca sobre os lados do zapato e sélase con calor, creando unha superficie irregular mentres se minimiza o desperdicio de produción. Unha zapatilla moi lixeira realizada con tecnoloxía superior.


Se buscas unhas deportivas diferentes e modernas con acabados de alta calidade Brandblack é unha opción perfecta para esta nova tempada. Podes atopalas nas nosas tendas físicas ou na nosa tenda en liña moksin.com. Se tes dúbidas co tallaje ponte en contacto connosco e asesorarémosche.