A NOSA SELECCIÓN DE NEMONIC

Unha tempada máis, dende Moksín, imos presentarvos os zapatos, botas, botíns e deportivos Nemonic que escollemos para vós nesta primavera verán 2021. Xa son moitos anos traballando coa marca española Nemonic, sinónimo de calidade e saber facer. Moitas as clientas satisfeitas e as novas adeptas que quedan encantadas coa variedade e cos deseños que lles presentamos.

Nemonic é unha pequena gran marca española creada no ano 1997 pola familia Castaño. O seu centro de operacións situámolos en Yecla, onde deseñan e manufacturan cada unha das pezas que podedes ver nas nosas tendas. Nemonic presenta coleccións para unha muller urbana e actual. Deseños que gritan moda polos catro costados sen renunciar á comodidade. Peles de alta calidade empregadas en combinacións explosivas, quen ten un modelo Nemonic repite seguro.

Dende botas camperas con aires boho-elegante ata deportivos con plataforma: seguro que atopas o modelo perfecto para ti na nosa tenda en liña ou nas nosas tendas físicas.

Comezamos con estas deportivas Nemonic. Realizadas en pel metalizada combinada con ante estampado a raias, unha mestura moi efectiva para unha zapatilla moi combinable. Fíxate en cordóns estampados co logo Nemonic todo un detalle! A sola de plataforma duns 5 cm. é moi cómoda. Estas zapatillas Nemonic son perfectas para levalas á oficina cun traxe ou de fin de semana cos teus vaqueiros favoritos.

Continuamos coas exitosas botas camperas de cana alta de Nemonic. Un must que vos presentamos cunha infinidade de combinacións durante todos estes anos. Esta primavera verán podedes atopar estas camperas altas en tres bonitas cores: tella, camel e azul. Presentan un bonito estribo adornado con flocos e cun medallón central con turquesa. O especial deste modelo é que o estribo pódese quitar ou poñer ao gusto quedando unha bota básica ou unha bota cun aire boho chic moi especial. Fíxate nos detalles desta bota modelo 2197 de Nemonic: no tacón un bonito adorno da marca: un corazón alado. Nos laterais dous tiradores cunha chatola en forma de flor e toda a peza rematada cun vivo en contraste. Simplemente perfectas.

Continuamos con estes bonitos botíns camperos de Nemonic. Do mesmo xeito que as súas irmás de cana alta estes botíns témolos dispoñibles en tres cores: azul, tella e camel. O estribo é tamén facilmente substituíble facendo un mesmo modelo dúas opcións distintas. O tacón é duns 8 cm e teñen unha horma moi cómoda. Que che parecen cos teus vestidos longos?

Por último querémosvos falar dos zapatos retro de Nemonic, todo un éxito estas últimas tempadas. Nesta ocasión traémosvos un fantástico trío en tons camel. Tres tacóns de distinta forma e altura pero todos igual de especiais e cómodos. Os tons terra mestúranse co negro e o beis nunha combinación moi ponible e versátil. Os zapatos Nemonic son unha aposta segura se buscas darlle o toque de distinción ao teu look de oficina ou no teu evento máis especial. O tacón ancho e a punta redonda fan que esta horma sexa moi cómoda e fácil de levar durante todo o día.

En resumo, Nemonic é unha marca referente no calzado español con anos de experiencia no sector, que utiliza materiais de primeira calidade e ten deseños moi orixinais para unha muller todoterreo e á moda.

Podes comprar zapatos Nemonic, botas Nemonic, botíns Nemonic ou deportivos Nemonic en liña na nosa páxina web www.moksin.com ou se prefires comprar Nemonic en Santiago de Compostela podes visitarnos na nosa tenda. Estaremos encantados de axudarche.