¿Queres ir cómoda e deportiva sen poñer unha zapatilla? Redescubre o Slip-On

¿Queres ir cómoda e deportiva sen poñer unha zapatilla? Redescubre o Slip On

Como verbo significa (entre outras cousas) fácil de poñer e como substantivo denomina a un tipo de zapatos que carece de cordóns, cremalleiras, velcros ou outro tipo de elementos de suxeición. O certo é que para moitos de nós, Slip on fai referencia a un modelo concreto que Vans fixo popular co seu mítico estampado de cadros brancos e negros e que logo derivou en infinidade de combinacións e cores. Seguro que algunha vez telo visto nos pés e, depende da túa idade e estilo, poida que incluso ti levases un (non pasa nada, as modas son así e todos temos un pasado ;)). Como pasou con outro tipo de modelos que sufriron un auxe moi importante gracias a unha marca, despois do boom só quedan dúas opcións: adaptarse ou morrer. No caso que estamos a tratar, parece que a opción foi morrer. Durante os últimos anos, excepto para Vans que sempre os mantivo no seu catálogo, as Slip-on non eran unha opción a desenvolver pero parece que este verán as cousas cambiaron e son moitas as marcas que decidiron recuperar este modelo. A verdade é que son unha moi boa opción para aquelas ás que vos gusta ir cómodas e para as que non vos apeteza levar un sneaker en verán. Os diferentes estampados, cores e incluso matices na horma, farán que poidades atopar un adecuado para o voso estilo.

Aquí tedes algunhas opcións que poderedes atopar no noso espazo web. Se facedes clic sobre o nome poderedes ver máis fotos de cada modelo.


979331 - Hego's


4218600 - Kennel&Schmenger



No Name - c7arcade1





59vzmrfjg - Vans