Maio 14, 2015
Descubre as Jack Purcell Signature
John Edward "Jack" Purcell (1903 – 1991) 87 anos nos que lle deu tempo a xogar ben ao golf, ser campión do mundo de bádminton, entrar no Canadian Olimpic Hall of Fame, converterse en bróker profesional e deseñar unha zapatilla. Está claro que Jack Parcell non perdía o tempo e que tentaba aproveitar cada unha das oportunidades e talentos que tiña na súa vida.
En 1935, e aínda en activo como deportista, Purcell deseñou para os tamén canadenses B.F. Goodrich una zapatilla que proporcionaba máis protección e apoio nas pistas de bádminton. Esa foi a orixe do que hoxe coñecemos como Jack Purcell e que agora é unha marca rexistrada de Converse.
Ata aquí a historia pasada, agora imos co presente. Esta temporada Converse reinterpretou esta zapatilla clásica para aportarlle máis estilo e confort se cabe. A Jack Purcell Signature que vos presentamos neste post mantén a esencia e carácter do seu creador pero dista moito tecnicamente da orixinal. Este modelo, que podedes atopar nas nosas tendas e na nosa web, conta incluso con tecnoloxía Nike Zoom Air. Todo está coidado: cordóns de algodón, detalles en pel na plantilla interior, máxima calidade nos acabados e gran comodidade.
A versatilidade é un dos puntos fortes desta zapatilla, axeitada para levar con pantalóns curtos, vaqueiros ou pantalóns de vestir. Este modelo ten a combinación para o éxito. Se as probades non quereredes sacalas dos pés.
Levando toda a historia de Jack Purcell nos teus pés quizais teñas un extra de motivación diaria para tentar chegar máis lonxe. Elixe a cor que máis che guste aquí.