STRATEGIA, BOTNS E ZAPATOS DOS QUE TE NAMORARS.

Como vos diciamos, xa hai uns anos dando un paseo polo barrio Londiniense de Kensington atopamos unha pequena tenda cun luxo de escaparates, e alí, nese mesmo intre quedamos namorados dun botín moteiro impresionante. O de sempre, non tiñan nada e tíñano todo. Só unha pequena cremalleira lateral exterior, a súa exquisita forma e o acabado en pel mate cor negra. Realmente a calidade dos materiais xa o dicía todo.

Pois ben, esta primavera verán 2018 desde Moksín ofrecémosvos a posibilidade de que veñades ás nosas tendas e toquedes e probedes os botíns e sandalias de Strategia. Estamos seguros de que ao igual que nós, quedarédesvos prendadas dos deseños e calidades que nos ofrece unha das mellores fábricas italianas de calzado. A continuación podedes ver dous dos modelos de Strategia que xa temos en tenda. O primeiro é un botín de tacón alto simulando un calcetín en licra vermella, cun brillo sutil no acabado do tecido que varía en función da luz. A parte exterior do tacón está realizado en glitter vermello o que provoca que este botín de Strategia xunto á licra os días de moita luz resalte calquera look. Non vos fará falta moito máis no outfit ese día. 

O segundo é un botín de tacón medio con acabado en pel metalizada, cepillado na punta e talón para darlle un acabado degradado negro sobre o ton metalizado orixinal, xa sexa no ton granate ou no ton ouro vello.

Outra das características deste botín é o cut out lateral en forma de triángulo e o seu tacón tipo carrete. Con todas estas características será difícil que atopedes uns botíns máis retro, máis cañeiros e con máis personalidade esta tempada. Ademais da súa extrema comodidade debido á gran capacidade interior das súas formas. 

Esperamos que estes botíns de Strategia provoquen en vós a mesma sensación que nos provocaron a nós a primeira vez que vimos a colección. Esperámosvos na tenda para escoitar a vosa opinión.