CASAL DE CREACIÓN EN XOVE BY MOKSN

Como moitos xa sabedes, desde que inauguramos a nova tenda de Xove By Moksín na Estrada, cedemos cada tempada un espazo a novos proxectos ou artistas emerxentes que do mesmo xeito que nós fai 11 anos necesitan un espazo para facer visible o seu traballo.

Esta tempada tivemos a sorte de contar con Vanesa Iglesias e o seu proxecto Casal de Creación. Este é un proxecto moi especial non só polo traballo que desenvolve se non por onde o desenvolve. O seu taller está no corazón de Berres, unha pequena aldea estradense berce da tornería por excelencia.

Casal de creación está especializado en enmarcación e conservación de obxectos 3D. Importan técnicas anglosaxoas de montaxe e recorren a acabados a man de calidade. Todas as súas pezas están feitas con moito agarimo. Podes descubrir todo o seu traballo aquí. Este é o escaparate que creou en Xove. Non o perdas!

GuardarGuardar