UNS CARBALLOS QUE MEDRARON VISTA DE TODO O MUNDO
Pode que algunhas persoas que vían o noso escaparate comentaran que a idea parecía do máis neoyorkina pero o certo é que tanto a ubicación como os ingredientes eran do máis próximos. O escaparate de Moksín foi, durante os últimos meses, un viveiro no que medraron uns 30 carballos. vista dos visitantes pasaron de landras a pequena árbore e de aí saíron na procura dunha nova existencia – e con perspectivas a moi largo prazo – nos parques públicos da Estrada, onde xa están plantados, e Santiago, onde o estarán en breve.
Por que converter un escaparate nun viveiro temporal? Cada vez que se cambia o escaparate en calquera tenda a decoración que estaba nel atopa unha final: os escaparates non son permanentes, senón algo con data de caducidade, e cando chega o momento de cambialos, as cousas que os ocupaban e lle daban a súa personalidade pasan a ser simplemente lixo. Ante a pregunta de que se non podería haber unha fórmula para facer da decoración dos escaparates unha vida que ía máis alá dese momento efémero, xurdiu esta idea.
Se o escaparate era algo vivo, seguiría tendo un uso cando chegase o cambio de tempada. Só había que escoller o elemento vivo que se quería introducir. A única regra a cumprir era a de que o elemento a incluír non só falase do lugar do que somos pero tamén do espazo no que queremos estar. Tiña que ser algo galego, pero algo tamén especial.
A gañadora foi unha árbore, xa que os carballos son algo moi enraizados na cultura galega e tamén algo que terá unha existencia moi plena e moi estendida no tempo. Un carballo medrará ano tras ano e acabará sendo unha boa sombra ata a que chegar paseando cos nosos zapatos e sentarse nela. As landras foron recollidas en febreiro, plantadas logo en marzo e medraron no escaparate entre xullo e xuño. Plantar un carballo non é nada complicado e, seguindo a instrucións dos expertos, pode un lograr ter unha pequena árbore moi pronto.
Así foi como chegaron as árbores ao escaparate primavera- verán. As landras medraron nunhas cuncas de cerámica da deseñadora Verónica Moar, onde foron madurando todos estes meses ata que chegou o momento de ser transplantados no seu destino final. Os carballos serviron para crear microrrelatos, para organizar concertos e ata como material de inspiración para unha exposición, o que demostra que un escaparate pode estar máis vivo que nunca.
Receita para plantar o teu propio carballo
Ingredientes:
- Landras
- Terra
- Area
- Auga
- Unha cunca
Plantar un carballo é moi doado, case tanto como cando na escola un tiña que facer aqueles experimentos con fabas e lentellas. Só se precisa unha landra, recollida nun monte calquera galego, e unha cunca na que a plantar. Emprega tres partes de terra por cada parte de area e mantén sempre a superficie húmida. Non esquezas cambiar de forma regular a ubicación da cunca para que o sol impacte por igual no carballo e non medre retorto