UN ESCAPARATE CON ZAPATOS E OUTRAS HISTORIAS - #zapatoseoutrashistorias
Este outono-inverno pensamos que contar os días de choiva, especialmente en Galicia, podería ser moi aburrido, así que decidimos contar historias.
Como? Moi fácil. Vós suxerídesnos palabras en galego e nós crearemos historias a partir delas.
De que tratarán as historias? Pois depende das palabras que nos propoñades, pero podemos adiantar que sempre terán a un zapato como protagonista.
Cal será o formato? Pois poden ser diversos e serán sempre sorpresa.
Cando as poderedes ver? Crearemos varios eventos aos que estades máis que invitados para que as descubrades.
Pero... (si, algún pero había que poñer...) Os nosos escaparates sen a vosa participación non teñen sentido, así que esperamos que comecedes a participar dende xa!
Encheríanos de ledicia que vos animarades a participar desta iniciativa compartindo palabras e achegándovos aos eventos. Sen a vosa participación esta acción non poderá ser posible! Así que ESPERMOSVOS!
(O artigo non acaba aquí. Segue lendo máis abaixo!)
INSTRUCCIÓNS PARA PARTICIPAR! (Moooi fáciles!)
- OPCIÓN 1:
Entrade en calquera das nosas tendas e collede un dos papeliños para escribir unha palabra en galego.
- OPCIÓN 2:
Compartide un post coa vosa palabra e o hashtag #zapatoseoutrashistorias nunha das vosas redes sociais (Facebook, Twitter ou Instagram) e nós imprimirémolo automaticamente no escaparate. (Lembrade que o voso post debe ser compartido como público senon non poderemos recollelo e imprimilo)
Se tedes dúbidas. PREGUNTADE! Estaremos encantados de respostar as vosas preguntas.
#zapatoseoutrashistorias
RESUMINDO:
Que facedes vós?
Suxerirnos palabras en galego a través das redes sociais usando o hashtag #zapatoseoutrashistorias ou achegándovos á tenda e enchendo a postal que vos damos.
Que facemos nós?
Recoller esas palabras
Que farán os artistas nos eventos?
Crear “historias” a partir das vosas palabras.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Agradecementos:
Concello de Santiago
Punto Cero – Instalación do módulo de impresión.
Jose Manuel Penín – Programación VB .NET.
Ariadna Castells – Dirección de Arte
Tino Barrreiro – Concepto, escenografía e dirección creativa.
Queremos darlle especialemente as gracias a todas aquelas persoas que dalgún ou outro xeito sempre nos axudan para que os nosos proxectos sexan unha realidade.
. . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . . .
Este escaparate é a idea gañadora do III Concurso de Publicidade Comercial en Galego organizado polo Concello de Santiago. Sen o apoio deste organismo e das persoas que traballan nel isto non sería posible.